O Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas e de lecer dirixidas ás persoas adultas empadroadas na cidade. A oferta inclúe 57 obradoiros de formación, novas tecnoloxías, cultura do corpo e da saúde, arte e creatividade e medio ambiente.
O prazo de preinscrición estará aberto desde o día 14 até o 26 de febreiro, a través de internet. Cada persoa poderá anotarse en liña nun máximo de 4 obradoiros. As admitidas serán avisadas nun correo electrónico para formalizar a matrícula, aproximadamente 15 días antes do comezo do obradoiro e o custo será de 33 euros por actividade.
Entre as actividades ofertadas haberá obradoiros de fotografía, escritura creativa, patrimonio, teatro, botánica, arqueoloxía, informática, reciclaxe, xardinería, linguaxe de signos, atención sociosanitaria a persoas dependentes, alimentación, novas tecnoloxías, estética e maquillaxe, ximnasia, primeiros auxilios, cocina, baile, pilates ou benestar.