O Concello de Ourense rexeita chegar a un acordo cos praceiros e a Xunta de Galicia

OurenseXa
O Goberno municipal vén de confirmar a súa vontade de concluír sen acordo o proceso de negociación
praza-de-abastos-ourense
Praza de Abastos de Ourense
21 Mar 2025

Concello de Ourense comunicoulles esta mañá por escrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos número 1 de Ourense “a vontade de concluír sen acordo o proceso de negociación”, en relación ao mercado municipal “por non ter podido consensuar entre as tres partes”.

O grupo de goberno do Concello argumenta ao respecto que “temos cedido en decenas de parámetros, pero entendemos que hai un punto onde xa se comezaría a danar o interese xeral da cidade de Ourense e do seu patrimonio, e dese punto non podemos pasar”. Ao mesmo tempo, o goberno municipal entende que as “liñas vermellas e as esixencias que marca a asociación de comerciantes son inasumibles”.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manifestaba fai uns meses o seu “firme rexeitamento” a construír unha pasarela dende a rúa Progreso ata a Praza de Abastos de Ourense. Unha obra que melloraría a accesibilidade e permitiría ás persoas con mobilidade reducida acceder facilmente ao edificio.

Porén, para o alcalde, a obra suporía “feísmo urbanístico” e sinalaba que se faría para “favorecer exclusivamente ás carnicerías que estaban nesa planta antigamente e que agora pretenden volver ao renovado edificio de forma híper subvencionada”.
A decisión do Concello complica o retorno dos praceiros ás instalación, pechadas dende hai sete anos.

⚙ Configurar cookies
0.52353715896606