O concello de Pereiro Aguiar concederá axudas para material escolar
OurenseXa
A contía das axudas será de 100 euros e concederanse por rigorosa orde, atendendo á menor renda per cápita
Imaxe de arquivo
19 Xul 2024
O concello de Pereiro de Aguiar convocará unhas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación infantil para o curso 2024/2025.
A contía das axudas será de 100 euros e concederanse por rigorosa orde, atendendo á menor renda per cápita, ata esgotar o orzamento asignado.
O prazo de solicitude remata o 30 de setembro e os beneficiados serán as familias con menor poder adquisitivo da localidade que convivan con menores ao seu cargo, estén empadroados no concello de Pereiro Aguiar desde o 1 de xaneiro como mínimo e non superen os 8.500 euros de renda per cápita anual.