O Concello Maceda abre un proceso participativo para recoller propostas de mellora do PXOM no casco urbano

OurenseXa
Será este venres, 23 de xaneiro, e as persoas interesadas en asistir poden confirmar a súa participación na web municipal
pxom-casco-urbano-maceda
19 Jan 2026

O Concello de Maceda organiza un taller o venres 23 de xaneiro ás 19:30 horas no salón de actos do Edificio Multiusos, para recoller problemáticas e propostas de mellora relacionadas coa modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no casco urbano.

A sesión estará estruturada en varias fases: unha introdución de 10 minutos, seguida de dous períodos de 30 minutos para rexistrar as problemáticas existentes e as propostas de mellora que presenten os participantes. A continuación, haberá 40 minutos destinados ao debate aberto sobre os temas expostos.

Este taller está enfocado ás zonas do casco urbano da vila, e aquelas áreas non convocadas nesta primeira xuntanza serán chamadas a participar nos talleres que se celebrarán os días 29 e 30 de xaneiro.

As persoas interesadas en asistir poden confirmar a súa participación a través do formulario dispoñible na páxina web do Concello de Maceda.

⚙ Configurar cookies
0.08169412612915