O Concello quere homenaxear ao Circo da Cidade dos Muchachos cunha escultura

OurenseXa
O alcalde xa anunciara fai unhas semanas a súa intención de que a obra fose firmada polo escultor Ramón Conde
Circo dos Muchachos, Benposta
9 May 2025

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, recibiu no Concello esta semana a Antonio Martínez, Julio Doñoro e Manolo Doñoro, representantes da Fundación Bemposta. O motivo da visita foi o de mostrar o seu agradecemento pola iniciativa do alcalde de dedicar unha escultura ao Circo da Cidade dos Muchachos, segundo explica o goberno municipal.

Os representantes da Fundación aproveitaron a ocasión para achegar ideas sobre as posibles localizacións e entregarlle ao rexedor material gráfico para contribuír co deseño da escultura.

Fai unhas semanas, o alcalde reuníanse co escultor Ramón Conde para avanzar precisamente neste proxecto. Así, o artista podería asinar esta futura obra que homenaxeará a un dos proxectos máis emblemáticos da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.15589308738708