O conxunto de hórreos da Merca, un dos máis grandes de toda Galicia

OurenseXa
En total, son 34 edificacións que forman un dos conxuntos de hórreos máis importantes de Europa
Hórreos A Merca
8 sep 2024

O Concello da Merca conta cun dos conxuntos de hórreos máis importantes do patrimonio galego. Situados no chamado Camiño da Feira, forman o segundo conxunto máis grande de toda Galicia e un dos máis importantes europeo.

En total, son 34 edificacións de pedra e madeira distribuidos en varias filas que foron trasladados a ese lugar nos anos 70 logo dun acordo entre o Concello e a veciñanza, xa que tradicionalmente atopábanse ao carón das casas dos seus propietarios.

Tamén chamados cabeceiros ou canastros, usábanse fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas. Sen embargo, debido ao desuso, a veciñanza acordou concentralos todos nun mesmo lugar, tras o cal foron completamente rehabilitados en varias ocasións.

Agora, este conxunto de hórreos, declarados Ben de Interese Cultural, consistúe un dos maiores atractivos turísticos non so do municipio, senón de toda a comarca de Terra de Celanova.

0.18156599998474