O dueto 'La Dama de Gris' dará un concerto este martes en Ourense para conmemorar o 25N

OurenseXa
A cita está organizada pola agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e terá lugar na Praza Saco e Arce
25N-ourense-psoe
25 Nov 2024

A agrupación municipal do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense organiza o vindeiro martes 26 pola tarde un acto con motivo do Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra a Muller (25N). “Ao longo do ano promovemos diversos actos, tanto de reivindicación como de celebración, pero este en concreto marcámolo en vermello no calendario porque entendemos que hai que reclamar que non podemos consentir que o número de vítimas continúe aumentando”, sinalou a secretaria xeral, Natalia González Beneitez.

Neste senso, lamentou que no que vai de 2024 hai máis de 101.008 casos activos no sistema de viogen, un 22.2% máis que o ano pasado, aumentando exponencialmente o número de vítimas adolescentes. “No 2019 semellaba que os datos minoraban, pero estamos a observar con preocupación que aumentan sen  freo este ano”, engadiu insistindo en que é urxente solicitar medidas efectivas que deteñan a sangría. “Trátase dunha violación flagrante dos dereitos humanos”, afirmou.

Para poñer no centro de todo ás mulleres, os e as socialistas quixeron contar coa participación do grupo ourensán La dama de Grisque interpretará pezas musicais sobre a violencia de xénero “non se pode tratar a medio gas”. A performance será o martes 26, ás 20.00 horas, na Praza Saco e Arce de balde para todos e todas as que queiran achegarse.

0.17200803756714