O encoro de Cachamuíña: un paseo pola natureza a tan só 10 minutos de Ourense

OurenseXa
Situado no concello de Pereiro de Aguiar, conta cunha ruta circula de 4 quilómetros e instalacións para todas as idades
Encoro de Cachamuiña
18 Ago 2024

O encoro de Cachamuiña é un dos lugares máis visitados polos ourensáns nos meses de verán. Situado no concello de Pereiro de Aguiar, a tan só dez minutos en coche da cidade de Ourense, conta con instalacións para todas as idades, entre as que destaca un parque infantil e o denominado Parque da Igualdade, unha zona verde reivindicativa que ten como obxectivo concienciar sobre a importancia de frenar a violencia de xénero.

Ademais, o encoro destaca polo paseo circular que o bordea. Cunha lonxitude de aproximadamente 4 quilómetros, o percorrido é de dificultade baixa, adecuado para o público de todas as idades que, además, poderán facer a ruta en bicicleta.

 

0.12381315231323