O Espazo de Arte Roberto Verino acolle a mostra "Ofrenda" de Ángel Soldevilla e Luis Vecino

OurenseXa
Do 4 de marzo ao 4 de maio pode visitarse a exposición no Espazo de Arte de Roberto Verino, na rúa do Paseo
Roberto_verino_soldevilla_vecino_02
Roberto Verino, Ángel Soldevilla e Luis Vecino
6 Mar 2024

Ángel Soldevilla e Luis Vecino farán a súa Ofrenda á nova realidade que temos ás portas no Espazo de Arte de Roberto Verino na Rúa do Paseo en Ourense.

Unha mostra que se inaugurará coa presencia dos autores e do propio Roberto Verino o luns 4 de marzo e que sorprende incluso dende a súa folla de sala, na que explicitan que o texto está correxido gramaticalmente por GPT4.

Os autores din ao respecto do que alí se poderá atopar: Mentres nos enfrontamos ao consumo de microplásticos e observamos conflitos civilizados en rigoroso directo, atopámonos rodeados de novos xoguetes. Por unha banda, a intelixencia artificial xenerativa, representada por DALL-E 3, ten a capacidade de crear novas imaxes a partir de frases en linguaxe natural ou prompts do usuario. Esta tecnoloxía utiliza datos extraídos do adestramento con imaxes almacenadas nos servidores de OpenAI. Doutra banda, Telepathy, unha forma de comunicación mente-máquina, lógrase mediante a inserción dun chip inalámbrico no cerebro humano, unha investigación levada a cabo por Neuralink.

Estes avances condúcennos cara a un futuro no que nos atoparemos ao limiar dun cambio de paradigma. A hibridación da edición xenética e a intelixencia artificial xeneral será de tal magnitude que dará forma a unha nova orde eugenésico. Con todo, somos esa sociedade empeñada en cometer unha e outra vez o mesmo erro milenario ao que chamamos civilización.

"Esta exposición é un tributo para aqueles que desexen contemplala. Para os demais, o mundo está ben como está".

0.23715901374817