O espectáculo Danza no Claustro inaugura o 'Agosto Cultural' de Nogueira de Ramuín

A veciñanza poderá gozar de preto dunha decena de espectáculos ao longo de todo o mes
Danza no Claustro
2 Ago 2024

Nogueira de Ramuín inaugura este venres, 2 de agosto, a programación do 'Agosto Cultural', que contará con preto dunha decena de espectáculos ao longo de todo o mes. O programa arrancará co espectáculo 'Danza no Claustro, da man da plataforma cultural Sólodos en Danza, que achegará a expresión corporal ao claustro dos bispos do Mosteiro de Sant Estevo. Catro compañías darán gozar á veciñanza coas suas propostas nesta cita que dará comezo a partir das 20.00 horas. A entrada será libre e gratuita ata completar o aforo.

O programa continuará o 9 de agosto coa proxección da película ‘As Bestas’ e extenderase ata 30 de agosto.

 

0.1652250289917