O exalcalde de Ourense, Jesús Vázquez, incorpórase á xestora local do PP
A sede central do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde unha nova reunión da xestora local na cidade, que preside Victoria Núñez, a quen acompañaba o presidente provincial da formación, Luis Menor, convocatoria na que se anunciou o reforzo do citado órgano local coa incorporación como secretaria de Marisol Díaz, actual directora xeral de Patrimonio Natural de la Xunta.
Luis Menor lembrou que durante o período de vixencia da xestora provincial tamén se adoptou un acordo semellante, co nomeamento de Sandra Quintas como secretaria, axudando así a fortalecer o labor da xestora.
Neste sentido, Luis Menor pediu os representantes populares na cidade o maior dos esforzos para trasladar á cidadanía “o auténtico compromiso por Ourense que o Goberno galego transforma en realidades”, en alusión aos 12 compromisos para a capital asinados entre o presidente do PPdeG e da Xunta, Alfonso Rueda, e o propio Luis Menor durante a campaña electoral das autonómicas, “que non se quedaron só sobre o papel, senón que xa están ao 60% de grao de realización, entre proxectos concluídos ou en marcha”.
Victoria Núñez, pola súa banda, destacou que coa incorporación de Marisol Díaz á secretaría da xestora local “aumentamos a nosa capacidade de coordinación e, en consecuencia, de traballo”. Nesta liña anunciou que á listaxe da xestora local, que supera a vintena de membros, aumenta coa chegada de cinco persoas máis: o ex alcalde Jesús Vázquez; o parlamentario autonómico Juan Casares; a ex directora xeral de Familia, Amparo González; María José Menor, presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense; e Manuel Tejada, profesional do ámbito xudicial.
Destacou Victoria Núñez que a ampliación da xestora foi, “e segue a ser”, un dos seus principais obxectivos, pois é fundamental “seguir incorporando a persoas que desexen achegar novas ideas e proxectos, axudándonos a manter firme o compromiso de traballar pola cidade de Ourense”.
A xestora provincial do PP de Ourense alcanza así a trintena de persoas, entre membros natos como os edís populares no Concello de Ourense, representantes do partido nos distritos da capital, e profesionais procedentes de diversos ámbitos.