O festival da ilustración 'Allariz Debuxado' presenta a súa cuarta edición

OurenseXa
Terá lugar os días 11 e 12 de abril cun programa repleto de actividades e a participación de destacados profesionais do sector
presentacion-allariz-debuxado-2025
Presentación do 'Allariz Debuxado' 2025
1 Apr 2025

'Allariz Debuxado' volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición os próximos días 11 e 12 de abril na vila de Allariz. Este festival, convertido xa nun referente no mundo da ilustración e a autoedición, traerá nesta ocasión un programa repleto de actividades e a participación de destacados profesionais do sector.

Nesta edición, o evento contará coa presenza de cinco convidados de luxo: o autor leonés Javi de Castro, a autora balear Anabel Colazo, a editora de Ediciones La Cúpula Natalia Mosquera, o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela - Pruden Tattoo e a ilustradora coruñesa Lucía Gómez "Michopocho".

O festival iniciarase o venres 11 de abril na Sala de Exposicións A Fábrica cunha sesión de coloquios dirixidos tanto a profesionais como a afeccionados. Durante a xornada abordaranse diversos aspectos do traballo artístico e da industria da ilustración, con charlas e mesas redondas que contarán coa participación dos invitados. Ademais, a xornada pecharase cunha sesión de sinaturas.

O sábado 12 de abril a atención centrarase no Mercadiño de Ilustración e Autoedición, que este ano contará con máis de trinta propostas de ilustradores profesionais, estudantes da Escola de Arte Antonio Faílde e proxectos editoriais independentes. Ademais, os asistentes poderán gozar de actividades como os Roteiros de Urban Sketching, sesións de sinaturas e un obradoiro infantil de creación de personaxes a cargo da ilustradora Lucía Cid.

O festival está organizado por Aira Editorial e a libraría Sindicato del Cómic, grazas á colaboración do Concello de Allariz e a Deputación Provincial.

⚙ Configurar cookies
0.097135066986084