O Festival Internacional de Blues regresa este venres ao Teatro Principal
OurenseXa
A edición deste ano contará coa actuación de dúas grandes lendas do blues: Claudio Glabis e Martha High
Teatro Principal de Ourense
8 Oct 2024
O Festival Internacional de Blues regresa, un ano máis, ao Teatro Principal de Ourense. A cita vense celebrando dende hai máis de vinte anos e está xa ben consolidada como un dos eventos culturais e musicais de referencia para os amantes deste xénero musical.
A edición deste ano contará coa actuación de dúas grandes lendas do blues, como son o arxentino Claudio Glabis, que encabezará o festival xunto á recoñecida banda Red Duck Blues, e Martha High, acompañada dunha banda liderada por Julián Maeso.