O Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO 2024, chega por primeira vez a Celanova

OurenseXa
FITO 2024 leva esta fin de semana a Celanova as funcións 'Soriso' e 'Boulevar papagaio'
Imaxe da mostra 'Sorriso'
Imaxe da función 'Soriso'
19 Out 2024

O Festival Internacional de Teatro de Ourense está a festexar a súa décimo séptimo, que arrancou o pasado 16 de outubro e que se estenderá ata o 25 de outubro. O FITO conta xa cunha ampla traxectoria na cidade e está consolidado como unha das citas da referencia en Ourense para os amantes do teatro, reunindo unha vez máis en Ourense a compañías de teatro nacionais e internacionais para ofrecer ao público espectáculos de primeiro nivel.

Nesta edición incorpórase como novidade o Concello de Celanova, que albergará este sábado o espectáculo 'Sorriso', da compañía de Teatro Só (Portugal/Alemania), e que terá lugar ás 13.00 horas na Praza Maior.O domingo será o turno da función 'Boulevar papagaio' da compañía A Feroz (Galicia), ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova.

O resto do programa continuará na capital ourensá, con funcións durante toda a semana en diferentes espazos da cidade.

Programa completo do FITO 2024

0.19662594795227