O Festival Ourencanto 2024 clausura a súa séptima edición cun concerto no Auditorio Municipal
O Festival Ourencanto pon o peche final a súa séptima edición cun concerto que terá lugar este domingo, 7 de abril, ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Ourense.
Ourencanto é un encontro de coros infantís, xuvenís e escolares no que, durante tres días, nenos e mozos conviven, participando nunhas xornadas de canto coral que reunirá 445 participantes de Ourense e doutros puntos de Galicia.
Estará dirixido por Josu Elberdin, un dos mellores compositores e directores de coros infantís de España e do mundo, e rematará cun grande concerto a cargo de todos os participantes no Auditorio o domingo 7 de abril, ás 7.00 horas da tarde.
O Encontro de coros infantís, xuvenís e coros escolares Ourencanto chega este ano á súa sexta edición, que se desenvolverá do día 5 ao 8 de abril no Conservatorio e no Auditorio municipal de Ourense, cun programa de actividades destinados a achegar a nenos e mozos ao canto coral.
Ourencanto é un proxecto pioneiro en Galicia que busca fomentar e difundir o canto coral entre nenos e mozos de 8 a 18 anos. Desde a súa primeira edición en 2017 superou todas as expectativas en canto a participación, repercusión e resultados, converténdose nunha referencia nacional e internacional. A previsión para este ano é chegar a 2.000 mozos e mozas e a un público moi numeroso, o que indica o constante crecemento e consolidación do proxecto.