O GDR Limia-Arnoia organiza este mércores unha charla informativa sobre proxecto Aterra en Xunqueira de Ambía

Aterra é unha iniciativa pioneira que nace co obxectivo de impulsar novos proxectos agrogandeiros no territorio Limia Arnoia
gdr-limia-arnoia-charla-xunqueira-de-ambia
7 May 2025

O GDR Limia-Arnoia, en colaboración coa Deputación de Ourense e o Concello de Xunqueira de Ambía, organiza este mércores, 7 de maio, unha charla informativa sobre o proxecto Aterra no Albergue Abeleda.

Será ás 20.00 horas dirixida a persoas interesadas en buscar un lugar onde poder comezar ou ampliar proxectos agrarios, ou ben para aquelas persoas que queiran darlle unha segunda oportunidade as terras que non utilicen.

O proxecto Aterrá é unha iniciativa pioneira que nace co obxectivo de impulsar novos proxectos agrogandeiros no territorio Limia Arnoia, e que pon en contacto a propietarios e demandantes de terreos co obxectivo de dar unha segunda vida a terras en desuso á vez que fomenta o desenvolvemento de novos proxectos agrogandeiros.

O GDR Limia Arnoia, no marco do deseño dunha estratexia de desenvolvemento local, está a analizar a situación actual do uso e xestión do territorio nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Este traballo e a chegada de novos fondos do Programa Leader para o período 2023-2027, deben supoñer unha oportunidade para o aproveitamento dos recursos e a creación de emprego, explican os promotores da iniciativa.

⚙ Configurar cookies
0.16305804252625