O Goberno local de Barbadás realizou unha visita ás escavacións do Castro de Trelle

OurenseXa
Durante a visita, os arqueólogos a cargo do proxecto, compartiron cos asistentes os avances e achados realizados ata a data
escavación-Barbadás
23 Ago 2024

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xunto á concelleira de Cultura, Ana Belén Peleteiro, e o concelleiro de Disciplina Medio Ambiental, Daniel Rey, realizaron unha visita ás escavacións do Castro de Trelle.

Esta actividade levouse a cabo en compañía de representantes das Mancomunidades de Montes de Moreiras-Trelle e Loiro-Bentraces-Sobrado do Bispo, así como da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén e a Asociación Cultural Porta da Cadea de Barbadás.

Durante a visita, os arqueólogos a cargo do proxecto, compartiron cos asistentes os avances e achados realizados ata a data. "Este traballo non só contribúe á preservación do noso patrimonio histórico, senón que tamén enriquece a nosa comprensión da cultura e a historia da rexión", explican.

0.18934106826782