O grupo de teatro de Coles triunfou na Peroxa co seu espectáculo ‘Pepa Loba’

OurenseXa
A obra revive a historia desta icónica figura da cultura galega, recoñecida pola súa valentía e o seu papel na tradición popular
Pepa Loba, grupo de teatro de Coles
Pepa Loba, grupo de teatro de Coles
9 Jan 2025

O pasado sábado, 4 de xaneiro, no Auditorio Municipal da Peroxa, tivo lugar a representación teatral ‘Pepa Loba’ a cargo do grupo de teatro de Coles. A función, que puxo fin ao programa de Nadal posto en marcha dende o Concello, colleitou un gran éxito entre o público asistente.

A obra revive a historia desta icónica figura da cultura galega, recoñecida pola súa valentía e o seu papel na tradición popular. O espectáculo combina música, actuación e tradición nunha posta en escena única que promete cativar o público asistente.

A función foi posible grazas á colaboración entre o Concello da Peroxa, Deputación de Ourense e a rede de auditorios provinciais ReaOU, e enmárcase dentro programación cultural de inverno do Concello, que busca promover a difusión da historia e identidade galega a través das artes escénicas.

0.16821599006653