O Grupo Municipal Popular denuncia irregularidadesnas obras das rúas Sol, Boavista e Do Campo
Nunha visita ás obras das rúas Sol, Boavista e Do Campo, en compañía dos propios veciños, os edís do Grupo Municipal Popular, Noelia Pérez, Miguel Ángel Michinel e Jorge Pumar veñen de comprobar que a execución das obras incumpre o proxecto aprobado e que hai unha vulneración de todos os principios do contrato público. “Hai un incumprimento da lei de contratos flagrante, nos prazos, nas modificacións, no executado, en todo... que causou e causa un prexuízo aos veciños, pero que tamén van pagar todos os ourensáns”, aseguran os concelleiros do PP.
Neste senso os edís explicaron de forma detallada todos os incumprimentos do proxecto aprobado. "Non se van executar a rede de telecomunicacións nin a de media e baixa tensión e tampouco se van a renovar as conducións de saneamento e as acometidas ás vivendas, cando si estaba previsto no proxecto".
Os concelleiros do PP fixeron tamén fincapé na situación das beirarrúas, pois non se van executar na rúa do Sol, dende a intersección coa rúa Boavista ata a rúa das Tres Fontes. “A supresión destes tramos de beirarrúas leva consigo a que no se canalicen as pluviais. E aquí xorde un problema, pois a auga vai levantar o aglomerado en poucos meses co que de novo volverá a haber fochancas despois de investir aquí moito máis de medio millón de euros", lamentan.
Por outra banda, os populares falaron tamén de problemas de seguridade,pois tal e como aseguraron "o Concello ten coñecemento dende fai un ano da existencia dun muro de bloques de granito do que non se teñen garantías plenas da súa seguridade e dun talud de material angular con gretas á vista do que non se pode asegurar a súa estabilidade e non fixo nada", critican dende o PP. “Calquera día pode haber unha desgraza sin que o concelleiro iniciara ningún expediente por iso”, aseguran os edís.
Para os populares esta situación “é unha tomadura de pelo”, pois, tal e como destacan, “nas xuntas de área do mes de abril preguntamos explicitamente se a obra se ía retomar segundo o proxecto inicial e a resposta foi un si rotundo, e agora atopámonos con isto”.
“O que reflicte esta situación é que para o alcalde hai veciños de primeira e de segunda, e hoxe vimos a esixir que execute o proxecto aprobado porque un non pode poñer nun contrato que vai facer unha cousa e despois non facelo, iso é unha fraude de lei", destacan os concelleiros. Esto é unha constante últimamente non contratos de obras municipais, o exemplo claro é Rabo de Galo ou Santa Mariña.
O Grupo Municipal Popular denunciou ademais o flagrante incumprimento dos prazos de execución, que estaban estipulados en cinco meses. Unha situación que foi desesperante para os veciños, que incluso tiveron que organizar manifestacións, e pola que o Partido Popular se leva preocupando de forma insistente dende outubro do ano pasado.