O Grupo ourensán Rebulir representará a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient

OurenseXa
O grupo levará instrumentos musicais tradicionais realizados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense a esta importante cita que reúne a máis dun millón de persoas cada ano na Bretaña Francesa
Entrega de instrumentos musicais tradicionais realizados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense
Entrega de instrumentos musicais tradicionais realizados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense
6 Xul 2024

O director da área de Cultura e Deporte, Marcos Vázquez, fixo entrega a Alexandre Sotelino, director do Grupo Rebulir, de diversos instrumentos musicais tradicionais realizados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense da man de Alejo Marra, os cales levarán ao Festival Intercéltico de Lorient en Francia.

O grupo Rebulir, orixinario do Concello de Ramirás, foi o seleccionado para representar a Galicia nesta importante cita que reúne cada verán a máis dun millón de personas na localidade da Bretaña Francesa.

 

0.17303895950317