O grupo Rebulir prepárase para representar a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient

OurenseXa
O colectivo de Ramirás viaxa este xoves á Bretaña Francesa para participar nesta cita que reúne cada ano a miles de persoas
Rebulir
7 Ago 2024

Despois de 40 anos, Ourense terá representación no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient, en Francia. O grupo Rebulir, orixinario do Concello de Ramirás, foi o seleccionado para representar a Galicia nesta importante cita que reúne cada verán a miles de personas nesta localidade da Bretaña Francesa.

Os ourensáns estarán acompañados por outros músicos galegos como Carlos Núñez  e Caldo ou Arume de Malvas, que levarán a música tradicional galega a esta cita que cumple este ano a súa edición número 53.

O colectivo, con máis de 20 anos de historia, levará a Francia diversos instrumentos musicais tradicionais realizados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense da man de Alejo Marra.

 

0.21280908584595