O I Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base de Amoeiro resultou todo un éxito

OurenseXa
A actividade reuniu a uns 100 participantes nas distintas categorías
torneo-xou-semana-santa-futbol-base-amoeiro
I Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base de Amoeiro
9 Apr 2026

A pasada fin de semana celebrouse nas instalacións do Polideportivo Municipal de Amoeiro o I Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base, no que participaron preto de 100 rapaces e rapazas, consolidándose como unha xornada deportiva de éxito.

O torneo desenvolveuse en distintas categorías e deixou como vencedores a Alto do Vento en prebenxamín e cadete, Xuventude Ourense en benxamín, Gestega F.S. en alevín e Gymsailor en infantil. Na categoría alevín, ademais, a participación foi menor do previsto debido a varias baixas de última hora.

O torneo tamén incluíu unha iniciativa solidaria de doazón e recollida de alimentos, reforzando así o seu carácter social. A organización contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Amoeiro, da Deputación de Ourense, da Xunta de Galicia a través de Deporte Galego e da Real Federación Galega de Fútbol.

0.12277698516846