O IES San Mamede de Maceda acolleu unha charla de sensibilización sobre a discapacidade

OurenseXa
A iniciativa, organizada por Cogami, ten como obxectivo achegar á xuventude unha visión máis inclusiva e realista da discapacidade, promovendo valores de respecto, igualdade e empatía
O IES San Mamede de Maceda acolle unha charla de sensibilizacón impartida por Cogami
O IES San Mamede de Maceda acolle unha charla de sensibilizacón impartida por Cogami
25 Out 2024

COGAMI ofreceu unha charla de sensibilización e concienciación sobre a discapacidade no IES San Mamede en Maceda, á que asistiron un total de 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Esta iniciativa ten como obxectivo achegar á xuventude unha visión máis inclusiva e realista da discapacidade, promovendo valores de respecto, igualdade e empatía.

Durante a sesión, que foi impartida pola traballadora social, Eva Vázquez, coa colaboración de Lorena Quintas Rejo, quen, como voluntaria, compartiu a súa experiencia persoal sobre a súa discapacidade e o seu proxecto de vida. A súa intervención foi unha inspiración para os estudantes, que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os seus retos e superacións diarias.

Dende a COGAMI agradecen a acollida do centro educativo IES San Mamede e a participación activa do seu alumnado. Con este tipo de accións pretenden sensibilizar e contribuír na construción dunha sociedade máis inclusiva.

0.1765079498291