O III Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares chega a Ourense os días 8 e 9 de novembro
O III Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares, organizado polas catro sedes galegas da Asociación Española Contra o Cancro e declarado de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, celebrarase os días 8 e 9 de novembro no Auditorio Municipal de Ourense. A conferencia destacada estará a cargo do Dr. Ángel Carracedo e un testemuño da recoñecida deportista Loida Zabala, quen lidera un programa deseñado para pacientes, familiares e persoas interesadas no ámbito sociosanitario. Durante o congreso, ofreceranse talleres, mesas de diálogo e conferencias impartidas por destacadas figuras do ámbito social e sanitario, entre elas Francisco Xabier Aguiar, Rosario García, Miguel Ángel Núñez, Isabel González Ros e Jesús García Mata, xefe de oncoloxía e presidente do comité técnico da Asociación en Ourense, ademais doutros expertos. Tamén se contará con testemuños de pacientes, familiares e voluntariado.
O evento será totalmente presencial no Auditorio Municipal de Ourense, cun aforo limitado a 900 persoas. A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da web congresos.contraelcancer.es/galicia ou nas sedes da Asociación en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ribeira, Lugo, Monforte, Burela, Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Este congreso busca ser un espazo de aprendizaxe e apoio para os pacientes e as súas familias, abordando temas esenciais como os coidados, o autocuidado, a prevención e os novos avances no tratamento do cancro. Ademais, profundarase nas necesidades específicas de cada etapa da enfermidade e en como os coidados impactan tanto nos pacientes como nos seus seres queridos.
No marco do evento, destacan as accións que se realizaron e realizaranse no congreso para involucrar a mozos e estudantes de distintos centros educativos, promovendo a reflexión sobre o valor do coidado e a quen brindan apoio nas súas vidas.
A presentación oficial do congreso terá lugar o vindeiro luns 4 de novembro na Praza Maior de Ourense, onde levará a cabo unha pequena marcha de alumnado de diversos centros educativos que se iniciará sobre as 11:00 horas no Parque de San Lázaro e finalizará na Praza Maior de Ourense. O obxectivo é converter por centos de alumnos e alumnas en voluntariado da asociación por unhas horas para concienciar ás persoas máis novas sobre a importancia da Asociación Española Contra o Cancro na sociedade.
A coorganización é levada a cabo pola produtora audiovisual Claqueta Coqueta. Contan co patrocinio de: as empresas Johnson & Johnson, Daiichi-Sankyo e a entidade bancaria Caixa Rural. Ademais da colaboración de: Concello de Ourense, Renfe, Avanza Grupo by Mobility Ado, CIFP A Farixa, Hotel EXE Auriense, Hotel Miño, IMI Hotel & Spa, Hotel Novo Cándido, Hotel Carrís Quevedo, Hotel Francisco II e Hotel OCA Vila de Allariz.