O Liceo de Ourense acolle unha nova edición das Tertulias literarias
A Concellería de Educación do Concello de Ourense co-organiza, xunto coa Deputación de Ourense, unha nova edición do ciclo de tertulias literarias para alumnado de ESO e BAC da provincia.
Un grupo de traballo formado por 35 profesores e profesoras dos centros participantes, xunto coa coordinadora do programa, foron os encargados de escoller a obra a traballar nesta edición: As alumnas de Paula Carballeira, galardoada co Premio Nacional de Literatura dramática 2023.
A posta en común de experiencias e ideas ao redor do libro e a lectura terá lugar na Sala de Tertulias do Liceo de Ourense a partir das 16.30 h os días 22,23, 24 e 25 de xaneiro.
O alumnado participante terá a oportunidade de comentar a obra directamente coa autora, Paula Carballeira, o vindeiro mércores, día 24 en dúas sesións: ás 16.30 h e ás 18.00 h no Salón Nobre do Liceo.