O Liceo de Ourense acollerá a proxección do documental 'Covas de Valdeorras'
OurenseXa
A través deste documental pretendese facer memoria e dar a coñocer a historia das covas de Valdeorras
Cartel do documental 'Covas de Valdeorras'
26 Xuño 2024
O Liceo de Ourense acollerá o vindeiro xoves 4 de xullo, ás 20.00 horas, a proxección do documental 'Covas de Valdeorras', dirixido por Cristina de la Torre.
A través deste documental pretendese facer memoria e dar a coñocer a historia das covas, uso e tipos, recopilando nesta peza audiovisual o patrimonio material e inmaterial de Valdeorras, ademais de mostrar o seu potencial turístico apelando o seu carácter único e diferenciador.
Para realizar este documental no que a autora estivo traballando dous anos, contouse co relato coral de adegueiros, coveiros e diferentes persoas vinculadas ao viño e maila comarca.
A entrada é de balde e os interesados poden facer a súa reserva no correo info@rutadelvinovaldeorras.com