O local social da Agrupación Miño acolleu unha xornada sobre saúde

OurenseXa
Os membros da agrupación, que integra a máis de 20 asociacións veciñais, coñeceron diversas ferramentas para fomentar hábitos saudables
xornada-saude-agrupacion-miño
Xornada sobre saúde no local social da Agrupación Miño
27 Mar 2025

O local social da Agrupación Miño que integra a máis de 20 asociacións veciñais do rural e periferia acolleu unha xornada sobre saúde impartida por Cristina Carballeira e Xisela Delgado, traballadora social e terapeuta ocupacional da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, respectivamente.

A charla forma parte do programa da Rede Galega de Promoción da Saúde, un grupo de traballo do Servizo de Estilos de Vida Saudables que nace a partir do Plan de Obesidade Zero, elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Este proxecto ten como obxectivo coordinar, potenciar e difundir os diferentes recursos, actividades e propostas relacionadas coa promoción dá saúde (actividade física, alimentación saudable, hixiene do sono e benestar emocional) a nivel comunitario , facendo partícipes a todos os axentes implicados como elementos fundamentais de redes comunitarias.

Na xornada celebrada no local da Agrupación Miño, presentouse a plataforma Sanidade Mediaverso, onde se poden atopar diversas ferramentas para fomentar hábitos saudables a través da aplicación “En Movemento” que se desenvolve con lentes de realidade virtual.

⚙ Configurar cookies
0.5845890045166