O Mercado de Abastos de Celanova convértese nun Espazo Efémero durante a Semana Santa

OurenseXa
As xornadas desenvolveranse do 2 o 4 de abril con obradoiros e música para impulsar o emprendemento e o comercio local
mercado-de-abastos-celanova
31 Mar 2026

O Mercado de Abastos de Celanova acollerá do 2 ao 4 de abril as xornadas Espazos Efémeros, unha iniciativa destinada a impulsar o comercio local e o emprendemento no rural galego, combinando tradición e innovación.

Durante estas xornadas, o mercado converterase nun punto de encontro para mostrar e valorar proxectos de diferentes sectores como o téxtil, a cerámica, a xoiería, a tecnoloxía e a gastronomía, destacando a diversidade e o talento da comarca.

O evento organizarase en dous espazos diferenciados: no andar inferior desenvolverase unha feira con exposición e venda de produtos e servizos innovadores, mentres que no andar superior instalarase a zona gastronómica, onde se poderán degustar e adquirir os produtos, creando tamén un ambiente de lecer con obradoiros e concertos en directo.

Durante os tres días haberá obradoiros e actuacións musicais co obxetivo de impulsar o comercio local e a artesanía realizada en Galicia.

0.12159204483032