Sandiás acolleu o segundo obradoiro práctico de pilates e ioga terapéutico
O programa 'Rosalía' do Concello de Sandiás acolleu o segundo obradoiro práctico de pilates e ioga terapéutico, unha sesión práctica que xirou en torno a realización de exercicios prácticos para a terapia e traballo dos músculos do corpo humano.
A animadora insistiu na importancia da postura do corpo, a respiración e o equilibrio. "O benestar e a saúde son elementos esenciais para crear sociedades felices. E nisto ten parte que ver a práctica de pilates e o ioga terapéutico. Ditas prácticas teñen como obxectivo fortalecer o corpo e a mente desde a parte máis profunda á máis superficial, aumentando e unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a relaxación e a respiración", explican.
Así, esta é unha disciplina que combina técnicas de ximnasia, ballet e ioga e pode ser practicada por persoas de diferentes idades e proporciona melloras físicas, mentais e espirituais contribuíndo a unha vida máis equilibrada e saudable.
O Programa Rosalia desenvólvese nos concellos de Sandiás, Concello de Xunqueira de Ambía Rairiz de Veiga e Concello de Vilar de Barrio para todas as mulleres da Comarca da Limia.