O Our Fest 2024 pecha o seu cartel definitivo
Despois do rotundo éxito das dúas edicións anteriores, OUR FEST celebrará a súa terceira cita o vindeiro sábado 14 de setembro no recinto de Expourense, prometendo ser o evento musical máis esperado para despedir o verán.
OUR FEST volverá converterse nun encontro único que combinará ao longo dunha xornada bandas internacionais de renome e grandes propostas nacionais do mellor pop rock alternativo, nunha contorna incomparable como é a cidade das Burgas. Unha experiencia excepcional ao redor da mellor música en directo, que promete superar as expectativas das edicións anteriores.
A edición deste ano contará coas actuacións de Jake Bugg, Miles Kane, Teenage Club, Yard Act, Los Enemigos, Caballo Prieto e Azabache.
En 2023, o festival atraeu a máis de 4.000 asistentes, quen gozaron de concertos exclusivos de bandas como Suede, Shame e Kula Shaker nunha cidade como Ourense. Esta última edición superou o éxito da primeira, que contou con actuacións de Primal Scream, Belle & Sebastian ou Metronomy, entre outros. E é que o recinto de Expourense ofrece, ademais, un ambiente accesible, cómodo e cun son de alta calidade, para a celebración dun festival destas características. O 14 de setembro, miles de persoas volverán facer vibrar o recinto de Expourense despedindo o verán ao grande.