O Ouren Sound Fest 2025 confirma tres novos artistas

O Ouren Sound Fest 2025, que festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio no complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, vén de confirmar tres novos artistas para esta edición.
Así, Martín Brunch DJ, batería de artistas como Julieta Venegas, Andrés Calamaro ou DePedro e integrante da banda Micromambo, completará o cartel do sábado, 24 de maio. O artista súmase así a Viva Suecia, Xoel López, Ultraligera, Guadi Galego, Neverland Bari, Hoonie e A Duendeneta, que actuarán o segundo día do festival.
Para primeira xornada, o venres 23 de marzo, os artistas confirmados son Dani Fernández, Siloé, Sexy Zebras, Gargantua, Carlos Crespo&Kris DJs e A Duendeneta.
Pola súa banda, o xoves, 22 de maio, haberá dous concertos gratuítos na praza de Pereiro de Aguiar da man de Vibra Mahou. As dúas artistas confirmadas son Hydn e Helena Egea, que darán inicio ao festival cun concerto aberto a todo o público.
O Ouren Sound reuniu a máis de 10.000 persoas durante a súa última edición, que levou a Pereiro de Aguiar a algúns dos artistas máis relevantes do panorama nacional como Arde Bogotá, Shinova, Sidonie ou Tanxugueiras.