O Ouren Sound Fest presenta os horarios para a súa edición de 2025

OurenseXa
O festival celebrará o seu décimo aniversario cun cartel liderado por artistas como Xoel López, Viva Suecia, Dani Fernández, Siloé ou Sexy Zebras
ourensound_2023
Imaxe do Ouren Sound Fest 2023
8 May 2025

O Ouren Sound Fest 2025, que festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio no complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, vén de anunciar os horarios para esta nova edición.

O festival arrancará o xoves, 22 de maio, con dous concertos gratuítos na Praza da Igrexa de Pereiro de Aguiar. As artistas Helena e HYDN actuarán ás 19.45 e ás 20.45 horas respectivamente.

O venres, 23 de maio, o festival abrirá as súas portas ás 18.30 horas e comezarán as actuacións de A Duendeneta, Gargantúa, Siloé, Dani Frnández, Sexy Zebras e Carlos Crespo & Kris K DJs, entr as 18.40 e as 3.15 horas.

O sábado será a quenda de Martin Bruhn DJ, Guadi Galego, Xoel López, Viva Suecia, Ultraligera e Hoonine. O recinto abrirá ás 17.00 horas e ás 17.30 será o primeiro concerto.

Por último, o domingo, para pechar esta edición, haberá un concerto gratuíto na Praza da Igrexa de Pereiro de Aguiar da man de Pakolas Ramona Orbita, entre as 12.30 e as 13.30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.14599084854126