O Ourense Film Festival entrega o Premio OUFF Televisión a Telecinco Cinema

OurenseXa
O presidente provincial, Luis Menor, quen fixo entrega deste recoñecemento a Ghislain Barrois e Álvaro Augustin
Entrega do Premio OUFF Televisión 2024 a Telecinco Cinema
3 Out 2024

O Teatro Principal albergou na tarde deste mércores a entrega do Premio OUFF Televisión a Telecinco Cinema de mans do presidente provincial, Luis Menor, quen fixo entrega deste recoñecemento a Ghislain Barrois e Álvaro Augustin, conselleiro delegado e director xeral de Telecinco Cinema, respectivamente.

Ademáis de poñer en valor a importancia que cobra esta semana do OUFF para o sector audiovisual, Luis Menor enxalza a importancia de apoiar iniciativas audiovisuais que proxectan a imaxe do territorio, “contribuindo así a reforzar a nosa marca provincial”, enmarcando neste eido a importancia do Ourense Film Festival.

Tamén incide Menor "no orgullo que supón para a Deputación que este importante galardón recaia nun dos principais motores da industria cinematográfica e audiovisual de España", argumentando que nos últimos anos, Telecinco Cinema ocupou as 3 primeiras posicións da clasificación de películas con maior recadación do cinema español. Tamén cultivou máis de 300 galardóns, incluíndo 3 Oscars, 80 Goyas, 3 BAFTA, 22 Biznagas do Festival de Málaga e 4 Premios Ondas. A este impresionante palmarés únese hoxe o Premio OUFF Televisión 2024, salienta Luis Menor, un dos galardóns máis arraigados do Festival de Cinema de Ourense.

0.10217308998108