O Parque Acuático de Monterrei abrirá o próximo 20 de xuño
O novo parque acuático de Monterrei está a piques de completar a súa primeira fase polo que, se todo vai como está previsto, o complexo podería abrir o próximo 20 de xuño.
O de Monterrei será o segundo parque acuático de Galicia, que chega mais de vinte anos despois da apertura do Aquapark de Cerceda, inaugurado no ano 2000. O lugar non é descoñecido para os ourensáns, xa que alberga unhas das piscinas e pistas deportivas máis usadas nos meses de verán. Agora, sen embargo, o proxecto chega renovado con novas instalacións que prometen atraer a miles de turistas de toda Galicia.
Tras dous anos de retrasos, por fin parece que no verán de 2024 o novo parque acuático poderá a abrir ao público tras completar a primeira fase do proxecto, cunha inversión de case 10 millóns de euros. En total, a construcción do parque contará con catro fases e está financiada a un 50% entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.
Os tickets para acceder ás novas instalacións deberán adquirirse por internet, inda que dende o complexo aseguran que haberá unha pequena cantidade para adquirir na taquilla.