O Parque do Barbaña acollerá unha actividade para fomentar a ciberseguridade
O Concello de Ourense e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) fomentarán a ciberseguridade dun xeito lúdico cunha actividade que se desenvolverá a semana próxima no Parque do Barbaña. Desde o martes, 16, até o xoves, 20 de xullo, a Experiencia PassVRord ofrecerá ao público ourensán a posibilidade de participar nunha actividade inmersiva a través de xogos nos que, utilizando gafas de realidade de realidade virtual, aprenderá cales son as principais amenazas dixitais cotiás e recomendacións sobre como protexerse en liña e utilizar a internet de maneira responsable.
A actividade desenvolverase na pista deportiva do Parque do Barbaña os días 16, 17, 18, 19 e 20 de xullo de 2024, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 h. É gratuíta, e está dirixida ao público en xeral (a partir dos 14 anos), ás asociacións veciñais e de persoas maiores, e ás empresas. O acceso é libre para o público en xeral coa posibilidade de realizar visitas de grupo (en horario de mañá e tarde).