O Parque dos Patos será o escenario do Verán Cultural de Barbadás

OurenseXa
A programación estenderase do 26 de xuño ao 29 de agosto
Barbadás presenta o programa do Verán Cultural
20 Jun 2024

O Parque dos Patos da Valenzá será o escenario do Verán Cultural de Barbadás, que contará unha decena de espectáculos de maxia, música, circo ou teatro, entre outras propostas nas que non só o público infantil será o protagonista, xa que para a súa organización pensouse en todos os sectores da poboación

No acto de presentación que tivo lugar na mañá deste xoves, 20 de xuño, interviñeron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e a concelleira de Cultura, Ana Belén Peleteiro, que destacou que esta edición do Verán Cultural traerá propostas “frescas e variadas para involucrar a toda a poboación, porque a cultura non colle vacacións”.

O rexedor destacou “a importancia de sacar a cultura á rúa, que é precisamente o que pretendemos dende o Concello”. Tamén puxo en valor o acto que terá lugar o 28 de xuño polo Día da Diversidade LGTBI “xa que se trata dun colectivo que merece a nosa atención e que ofrece unha gran colaboración ao mundo cultural”.

Victoria Morenza insistiu en que o Verán Cultural levarase a cabo “nun espazo privilexiado como é o Parque dos Patos, ata o que se achegan veciños e veciñas doutros concellos próximos e no que se habilitarán cadeiras para favorecer un lugar de encontro e para que o público poida desfrutar dos espectáculos”.

A programación estenderase do 26 de xuño ao 29 de agosto e os actos comezarán as 21.00 horas co seguinte calendario:

  • 26 de xuño. Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás.
  • 27 de xuño. Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás.
  • 28 de xuño. Concerto do Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGTBI.
  • 4 de xullo. Compañía de circo Amontonados por Azar. Espectáculo “H2Olga”.
  • 11 de xullo. Acústico de Carolina Rubirosa. Música de autora e versións escollidas moi persoais.
  • 18 de xullo. Culturactiva. Espectáculo “Máis sabor”.
  • 1 de agosto. Compañía de Circo Marta Iglesias. Espectáculo “Hoxe si”.
  • 8 de agosto. Compañía Teatral Pedras de Cartón. Espectáculo “Quixote”.
  • 22 de agosto. Maxia con Joshua Kennet. “Degustación de imposibles na rúa”.
  • 29 de agosto. Concerto de Gin Toni´s.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18359518051147