O Partido Popular de Ourense conclúe a constitución dos comités comarcais

OurenseXa
O líder provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, conclúe en Verín a constitución dos comités comarcais da formación de cara ás eleccións do 18F.
PP_Ourense_Luis_Menor_Comites_Comarcais
24 Xan 2024

O líder provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, concluíu onte a constitución dos comités comarcais da formación coa posta en marcha en Verín destes novos órganos de coordinación política, cuxo obxectivo é ampliar e consolidar a presenza territorial popular na provincia.

No salón de actos do colexio dos Mercedarios déronse cita esta tarde máis dun cento de cargos municipais e afiliados procedentes dos concellos e agrupacións locais da Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Vilardevós e Verín. Segundo a proposta da presidencia, o comité comarcal estará coordinado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e a alcaldesa de Riós, Eva Barrio.

Luis Menor lanzou nesta última reunión unha advertencia aos asistentes ao asegurar que “se queremos ter futuro, temos que saír a defender o noso presente”, en alusión aos avances dos que goza a cidadanía ourensá e galega, con medidas pensadas para todos e non só en beneficio duns privilexiados”.

O Partido Popular de Ourense, subliñou Menor, sempre contribuíu a formar gobernos estables, comprometidos, serios e rigorosos con Galicia, “que é o que nos propón Alfonso Rueda”, por iso engadiu que é vital para o futuro das galegas e dos galegos “que poda dirixirnos desde a lexitimidade que dá unha maioría absoluta”

O líder provincial do PP explicou o funcionamento e obxectivo destes comités, que se reunirán dúas veces no ano “e sempre que se requira”, pedindo a mobilización de todos os populares na comarca, “sen a máis mínima confianza e sen dar nada por gañado”.

0.22290802001953