O Pinto prepárase a súa tradicional Feira Agro Ambiental

OurenseXa
A cita, que cumpre este ano a súa edición número vinte e tres, contará coa tradicional comida popular cunha degustación de callos
Feira Agro Ambiental, 2024
5 Ago 2024

O vindeiro sábado, 10 de agosto, o lugar de O Pinto, no Concello de Esgos, acollerá a súa tradicional Feira Agro Ambiental. A cita, que cumpre este ano a súa edición número vinte e tres, contará coa tradicional comida popular cunha degustación de callos así como o tradicional mercadillo onde os protagonistas serán os produtos gastronómicos típicos da zona.

O evento reúne cada ano a centos de persoas que poderán coñecer de primeira man os todas as novidades en maquinaria e productos agrícolas e, como xa vén sendo habitual, a veciñanza da zona realizará cestas cos produtos da súa horta.

0.19613003730774