O Pleno da Deputación debaterá mañá a mellora do Servizo de Axuda no Fogar
O Pleno da Deputación de Ourense debaterá este venres a mellora do Servizo de Axuda no Fogar. O grupo provincial socialista presentará unha moción para urxir á Deputación a que esixa ao goberno autonómico a “a “correcta asunción das súas competencias, que inclúen un financiamento acaído coa realidade do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)”.
A moción presentada pide tamén poñer en marcha liñas de financiación deste servizo para reducir as achegas dos concellos de menos de 20.000 habitantes, así como “garantir a súa estabilidade orzamentaria, e desenvolver axeitadamente as prestación e que poidan chegar a toda a veciñanza en situación de dependencia”.
Ademais, os socialistas piden dotar de medios e recursos humanos e materiais aos equipos de valoración da dependencia para reducir as listas de agarda.
Activar un programa de axudas para os gandeiros afectados pola EHE
O PSdeG na Deputación levará tamén ao Pleno de este venres unha moción para a instar á institución provincial a que active un programa de axudas dirixidas aos gandeiros afectados pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) con vistas a paliar as perdas das explotacións e garantir a estabilidade do sector.
Os socialistas instan tamén á Deputación que demande á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia un incremento das dotacións e capacidades dirixidas ao sector gandeiro na provincia de Ourense, así como a inmediata posta en marcha dun completo plan de axudas dirixidas ás explotacións afectadas pola EHE.
O PP pedirá medidas para mitigar as perdas dos agricultores da D.O Ribeira Sacra
O Partido Popular vén tempo denunciando a situación que están a sufrir os viticultores da Ribeira Sacra ante o excedente de viño e o descenso do consumo de tinto. Por iso, presentarán na Deputación unha moción para instar á Xunta de Galicia a habilitar unha liña de axudas para mitigaras perdas dos agricultores, así como instar ao resto de grupos políticos para chegar a un acordo que permita complementar ditas axudas ata chegar ao prezo de custo da uva non recollida na provincia de Ourense, co obxectivo de garantir a supervivencia das explitacións.
Por outra banda, os populares levarán tamén ao Pleno unha moción para solicitar ao Grupo Indea (antigo Hispamoldes) a garantir o mantemento dos postos de traballo do persoal que actualmente forma parte da empresa.
Moción ante os proxectos mineiros Novo Arboim, Novo Frixo e Novo Cima
O BNG, pola súa conta, presentará unha moción para instar á Dirección Xeral de Planificación Estratéxica e Minas da Xunta de Galicia a que rexeite a solicitude de concesión de explotación os proxectos mineiros de Novo Arboim, no concello de Oímbra, Novo Frixo, nos concellos de Laza, Sarreaus e Cularedo, e Novo Cima, nos concellos de Verín e Vilardevós.
D.O pedirá á Deputación que reduza as achegas para financiar eventos como o Ouren Sound Fest
Por último, D.O pedirá á Deputación que deixe de financiar eventos como o Ouren Sound Fest xa que, según apuntan desde o partido liderado polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deberían ser os promotores do eventos os que sufraguen os gastos derivados do evento.