O PP garantiza a implantación do transporte urbano de viaxeiros na comarca de Ourense

OurenseXa
Luis Menor anuncia que a colaboración da administración provincial terá dous eixos: apoio técnico e xurídico para toda a tramitación precisa, e apoio financieiros para os concellos usuarios deste servizo.
Luis_Menor_Cumial_transpote
Luis menor punto con representantes do Partido Popular nunha visita no Cumial
14 Feb 2024

Co obxecto de evidenciar o problema do transporte público de viaxeiros na comarca de Ourense, o presidente da Deputación, Luis Menor; a alcaldesa de San Cibrao das Viñas e vicepresidente primeira da institución provincial, Marta Nóvoa; e mailas candidatas populares ao Parlamento de Galicia, Victoria Núñez e Ana Méndez, compareceron onte no Cumial, xusto no límite xeográfico entre os municipios de Ourense e San Cibrao.

“Os autobuses urbanos chegan ata aquí, circulan por San Cibrao, pero non poden parar”, explica Marta Nóvoa, quen considera “inadmisible” este falta de servizo aos cidadáns. Sinala tamén a alcaldesa que tampouco existe servizo para os polígonos industriais, lembrando que só ao de San Cibrao acoden diariamente 12.000 persoas aos seus postos de traballo. “Precisamos feitos e menos ocurrencias, e só os alcanzaremos da man un presidente capaz de acadalos como é Alfonso Rueda”, dixo Marta Nóvoa.

Pola súa banda, o presidente da Deputación lembra que “o compromiso da Xunta liderada por Alfonso Rueda é total, igual que o da Deputación, para acadar por fin este servizo”. Precisamente, no que atinxe á institución provincial, Menor explica que a cooperación virá dada por dous eixos: axuda técnica e xurídica para toda a tramitación que precisen facer os concellos, así como apoio financieiros para axudar aos municipios usuarios do servizo, “e que as súas arcas municipais non se vexan demasiado afectadas”.

0.21279191970825