O PPdeG amosa o seu apoio aos agricultores e gandeiros

OurenseXa
Nun acto celebrado en Xinzo de Limia, os populares defendieron tamén a proposta para converter o Entroido Galego en Patrimonio Inmaterial da Humanidade
Luis_Menor_Mitin_Xinzo_Limia
Luis Menor participa nun mitin en Xinzo de Limia
9 Feb 2024

No acto celebrado en Xinzo de Limia, Paula Prado tivo tamén palabras para expresar o seu apoio e solidariedade cos agricultores e gandeiros que estes días están a manifestarse polas rúas e estradas de toda España para defender o seu futuro e amosar o seu rexeitamento a unhas medidas que poñen en perigo a sustentabilidade económica das súas explotacións,

A este respecto, pediu ao Goberno de España maior implicación na defensa do sector, porque os gandeiros non necesitan chíos nin fotos de ministros, senón menos impostos e deixar de competir coas mans atadas pola normativa imposta pola Unión Europea.

O candidato número 3 pola provincia de Ourense, José González, cualificou de “fundamental” para o futuro da comarca o proxecto de modernización do regadío da Limia, no que o Goberno galego xa leva investidos 7 millóns de euros para o financiamento de 40 pozos e sistemas de bombeo. Porén, demandou “un esforzo adicional ao Goberno de Pedro Sánchez e que se faga cargo do 80 por cento do IVE da actuación para evitar custos financeiros adicionais aos regantes”.

Así, pediu ao Goberno central o 1,8% dos 2.344 millóns que investirá en toda España no Plan de regadíos, algo que considerou “totalmente asumible”. E lamentou que os socialistas galegos prefiran defender a Sánchez que pelexar polos intereses e o futuro desta comarca.

Pola súa banda, o líder do partido en Ourense, Luis Menor, sinalou que “cando o PP fala de xestión, fala con feitos”. Foi así como se acadou a ampliación do parque empresarial de Xinzo, o compromiso para desenvolver a humanización do casco histórico desta vila a través do Plan Hurbe, a senda peonil xunto ao campo de fútbol da Moreira ou a rehabilitación da casa reitoral de Santa Mariña. Exemplos todos de que “Galicia funciona con Alfonso Rueda”.

Así mesmo, Menor abundou no apoio do Goberno galego ao Entroido: “Só a proposta de convertelo en Patrimonio Inmaterial da Humanidade é mostra da sensibilidade do Goberno de Alfonso Rueda con algo que é tan voso, tan significativo e tan propio desta terra”. Será un recoñecemento que servirá para darlle un pulo aínda maior á súa dimensión turística, con todo o que iso conleva para activar a economía desta terra.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14185404777527