O PP de Ourense denuncia que Concello iniciou 2024 debendo ás empresas e autónomos máis de 15,5 millóns de euros

OurenseXa
As empresas e autónomos que prestaron servizos ao Concello e realizaron obras durante o ano pasado aínda non cobraron e tardarán tempo en facelo pola nefasta xestión económica do alcalde”, denuncia a concelleira, Ana Méndez.
concello_ourense_praza_maior_decorado_navidad
Concello de Ourense
10 Mar 2024

O Grupo Municipal Popular vén de comprobar que “o Concello de Ourense iniciou o ano 2024 debendo ás empresas e autónomos máis de 15,5 millóns de euros”, así o asegura a concelleira, Ana Méndez, tras solicitar ao goberno local as facturas do ano do 2023 e analizalas exhaustivamente.

A concelleira lamenta que “as empresas e autónomos que prestaron servizos ao Concello ou realizaron obras durante o ano pasado aínda non cobrasen” e adianta que “tardarán tempo en recibir os cartos pola falta de crédito”. “O que pon novamente de manifesto a nefasta xestión que está a realizar o alcalde e o grupo de goberno”, engade. Tamén destaca que “hai empresas que poden seguir adiantesen cobrar as facturas pendentes, pero a outras moitas os impagos estanlle a ocasionar un gran prexuízo”.

Por outra banda, Ana Méndez pon de manifesto que “nin mantemento do Auditorio, nin programación cultural na cidade se poden facer porque o alcalde gastou todos os cartos destinados para elo en festas” e confesa que “estou abraiada porque aínda así hai unha gran cantidade de orquestras do ano pasado que continúan sen pagar, como as das festas da Ponte e San Francisco, entre outras”.

A débeda afecta tamén a outros servizos imprescindibles como o da Policía Local, “levamos un ano sen pagar os coches da Policía Local e pregúntome, se dese contrato que asinaron o Concello e a empresa de alugueiro, aínda imos ter que pagar os cidadáns os intereses desa débeda”, critica a popular. “Por non falar das reiteradas veces que se fixeron contratacións empregando a figura de contrato menor cun importe ao límite do que permite a lei para non sacalo a concurso público”, denuncia.

“Ata hai facturas pendentes de pagar a unha empresa que contratou o alcalde para rexistrar o despacho da alcaldía e comprobar se había elementos espías, e unha factura dun móbil Sámsung por un importe de case 2.000 euros”, desvela a concelleria, “e pregúntome por que temos que pagar os cidadáns eses rexistros e quen no Concello, precisa un teléfono de tal calibre?”, engade.

“A débeda do 2023 incrementouse un 56% respecto ao ano 2022; mentres que cando o Partido Popular tiña responsabilidades no goberno foi a vez na que houbo menos débeda”, conclúe Ana Méndez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13309407234192