O programa "Barbadás concilia verán" oferta 240 prazas para este 2024
OurenseXa
O programa terá lugar durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres
Concello de Barbadás
22 Apr 2024
O programa "Barbadás concilia verán" oferta 240 prazas en actividades para este 2024. Trátase dun programa de conciliación organizado polo Concello de Barbadás, con actividades para nenos e nenas nados entre 2012 e 2020, que terán lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.
As actividades terán unha periodicidade quincenal e o prazo de inscrición estará aberto desde este luns, 22 de abril, ata o xoves, 2 de maio.
Relación de prazas ofertadas:
- Urbano “A” (nados entre 2018 e 2020) A Valenzá.
- Urbano “B” ( nados entre 2012 e 2017) A Valenzá.
- Barbadás (nados entre 2012 e 2020).
- As Lamas (nados entre 2012 e 2020).
- Piñor (nados entre 2012 e 2020).
- Sobrado (nados entre 2012 e 2020).
- Bentraces (nados entre 2012 e 2020).
- Parada (nados entre 2012 e 2020).
- Loiro (nados entre 2012 e 2020).
- Finca Fierro (nados entre 2012 e 2020).
- Fonsillón (nados entre 2012 e 2020).
- Santa Uxía (nados entre 2012 e 2020).