O Programa Rosalía chega ao concello de Xunqueira de Ambía

O obxectivo é fomentar as habilidades laborais e persoais das mulleres, ademais das súas capacidades profesionais e autoestima
Presentación do Programa Rosalía en Sandiás
28 Maio 2024
O Programa Rosalía, unha iniciativa de xestión compartida financiada pola Xunta de Galicia, chega ao Concello ourensán de Xunqueira de Ambía.
A iniciativa foi presentada este luns na Casa de Cultura de Sandiás e nela participan catro concellos da provincia de Ourense: Sandiás, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía.
O curso, organizado e coordinado por Red Talento, comeza esta semana e incluirá "100 horas de atención laboral, xurídica e psicolóxica", segundo informan desde a organización. A iniciativa diríxense a todas as mulleres co obxectivo de fomentar as súas habilidades laborais e persoais, ademais das súas capacidades profesionais e autoestima. Nesta edición, por primeira vez, ofrecerase unha escola de benestar e cursos de empoderamento, ademais de formación específica para a planificación económica de cara a xubilación, entre outras iniciativas.
0.16599607467651