O PSdeG-PSOE de Ourense reivindica que Europa se comprometa na recuperación das zonas BIC do rural

OurenseXa
“O patrimonio histórico é un tesouro que reflexa a diversidade e esta intimamente relacionado coa propia identidade da Unión Europea”, destaca a candidata socialista ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra
IMG_8146
27 Maio 2024

O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue co seu percorrido de campaña electoral de cara as eleccións europeas que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño. Desta vez a candidatura socialista visitou Manzaneda, Castro Caldelas e Allariz para reivindicar a necesidade de que Europa se comprometa na recuperación das zonas BIC dos concellos do rural e tamén para impulsar o patrimonio histórico na nosa provincia a través de fondos europeos.

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense, Lorena Guerra Vigo, acompañada polo secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada, Marga Martín; e por outros cargos orgánicos do partido na provincia visitou pola mañá o municipio de Manzaneda, onde estiveron acompañados polo alcalde socialista, Amable Fernández. Durante a visita aproveitaron para escoitar as demandas do rexedor e para reclamar que Europa debe comprometerse coa recuperación das zonas BIC destes pequenos concellos, a través de fondos que permitan pór en valor zonas de importancia, como a vila medieval de Manzaneda.

“O patrimonio histórico é un tesouro que reflexa a diversidade e esta intimamente relacionado coa propia identidade da Unión Europea”, destacou a Guerra Vigo, que tamén fixo fincapé en que “estamos a falar dunha ponte entre o pasado e o futuro, tanto a nivel patrimonial, arquitectónico e cultural, polo que debemos apostar pola súa posta en valor e conservación”.

O PSOE impulsará a iniciativa Nova Bauhaus Europea, co gaio de mellorar a calidade da contorna construída nos conxuntos históricos e patrimoniais, facilitando o recoñecemento europeo dos sinalados destinos ourensáns. Ademais, promoverá a incorporación das singularidades patrimoniais destes concellos no Selo Europeo do Patrimonio, coa finalidade de incentivar visitas que potenciar o coñecemento da historia, da cultura e dos valores europeos dos devanditos territorios.

A caravana electoral socialista fixo parada tamén en Castro Caldelas, onde a candidatura socialista, na compaña da alcaldesa, Sara Inés Vega, e compañeiros do grupo municipal, participaron nun reparto informativo polas rúas da vila para explicar as principais propostas do partido nas próximas eleccións europeas.

Outra das citas do día tivo lugar en Allariz, concretamente no conxunto monumental de Santa Mariña de Augas Santas, onde o PSdeG-PSOE de Ourense aproveitou para subliñar que “o patrimonio histórico de Ourense e de Europa é un tesouro, polo que todos e todas debemos traballar dende as institucións, e especialmente dende o Parlamento Europeo para conservalo e impulsalo”.

0.16318106651306