O rapeiro Hugo Guezeta presentará o seu novo disco en Ourense

OurenseXa
O artista dará un concerto na cidade das Burgas o vindeiro 21 de marzo
Hugo Guezeta
Hugo Guezeta
5 Mar 2025

A xira de Hugo Guezeta vai adiantando novas datas. Baixo o nome de O Noso Tempo, e tras encher dous dos tres primeiros concertos de presentación do seu novo disco, o rapeiro continúa avanzando novas paradas do seu espectáculo en vivo. O próximo venres 21 de marzo actuará na sala Auriense de Ourense. O concerto arrancará ás 21.30 horas. Baixo o nome homónimo do disco, Hugo presentará en directo o seu primeiro álbum, un traballo que leva adiantando dende finais do año pasado e que viu a luz o pasado 22 de novembro.

O artista galego chega á Auriense tras presentar o seu primeiro disco, que acumula xa varios centos de milleiros de reproducións en plataformas e sold outs en grandes recintos como a sala Rebullón de Mos ou a sala Sónar de Santiago de Compostela. Tras grandes colaboracións con Dakidarría, SonDaRúa, Nadie González, Temible Olivina ou Peter Petrowski, Hugo Guezeta está dando o salto ao escenario e trasladando a súa música ao directo, propoñendo un show que se caracteriza pola enerxía e versatilidade do rapeiro.

O artista pasará tamén por Boiro, o 7 de marzo, Cambados, o 28 de marzo, Lugo, o 4 de marzo no festival A Candeloria, e Vilaxoán, onde formará parte do cartel do festival Revenidas.

⚙ Configurar cookies
0.16542220115662