O reconto do voto CERA finaliza sen cambios no reparto de escanos

Ourense estaba pendente este luns de coñecer os resultados do voto exterior, que abría a posibilidade ao PSdeG de gañar un deputado no Parlamento Galego, quitándolle un ao PP na provincia de Ourense.
Sen embargo, os populares conseguiron manter os seus oito deputados na provincia, cuadruplicando ao PSOE en votos.
Así, o reparto de escanos en Ourense queda igual que o pasado 18-F: 8 escanos para o Partido Popular, 4 para o BNG que se posiciona como a segunda forza máis votada, un deputado para Democracia Ourensana e un deputado para os socialistas.