O San Martiño de Cornoces regresa esta fin de semana
O San Martiño de Cornoces regresa un ano máis para festexar o Magosto nesta parroquia do concello de Amoeiro.
As celebracións arrancarán o domingo, 10 de novembro, cunha sesión vermú ás 13.30 horas que estará amenizada pola música do Trío 'Vaivén', e continuarán ás 14.15 horas cun gran Magosto Popular que constará de empanada, carneo ao caldeiro, carne richada, bica, castañas, café, auga e viño. Posteriormente haberá unha sesión de baile co grupo 'Vaivén' e, ás 18.00 horas, terá lugar o sorteo dunha cesta.
Para o luns, 11 de novembro, Día de San Martiño, está programada unha sesión vermú ás 13.00 horas amenizada polo Dúo 'Os Trasnos'.
As reservas poderán realizarse ata este xoves, 7 de novembro, a través dos teléfonos 672 689 594 ou 680 453 377.