O SERGAS homenaxea aos traballadores xubilados da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras
Hoxe venres ás 18.00 horas terá lugar no Teatro Principal o acto de homenaje aos traballadores xubilados na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, durante o pasado año 2023.
O acto contará cunha actuación de magia e ilusionismo a cargo de Hosé Luis Rivera, da Fundación de Magos Abracadabra, e a actuación musical de Álvaro De Castro Palomares e Iván Valcarce Rodríguez.
Ademáis, haberá unha entrega de agasallos aos traballadores jubilados, que consistirá na entrega da litografía "A Ponte de Auria", unha obra original e exclusiva para este acto de homenaxe aos traballadores da sanidade ourensá.
Esta acuarela do artista ourensán, Xavier Galiza, desexa plasmar o monumento máis recoñecido e emblemático de Ourense, a Ponte Vella, construida polo Imperio Romano no século I e que foi testigo da evolución e historia da cidade.
Esta obra artística única é, polo tanto, un recoñecemento e agradecemento aos anos de dedicación e entrega dos traballadores da sanidade en beneficio dos pacientes da provincia.