O Sergas homenaxeou aos 190 traballadores da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras xubilados en 2024

O xestor do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, agradeceu aos 190 traballadores da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que se xubilaaron durante o pasado ano a súa dedicación e compromiso coa sanidade pública.
Nun acto ao que tamén asistiu o xestor da área sanitaria, Santiago Camba, o xestor do Servizo Galego de Saúde incidiu en que este evento ten como obxectivo recoñecer a traxectoria destes preto de 200 profesionais que, co seu esforzo e dedicación, foron o centro desta área sanitaria.
Tal e como destacou José Ramón Parada, cada un dos xubilados desde o seu posto de traballo foi un piar fundamental na atención sanitaria da comunidade, contribuíndo a mellorar a calidade de vida de milleiros de persoas.
José Ramón Parada insistiu en que é o momento de recoñecer o legado que deixan estas persoas, construído co esforzo, sacrificio e unha profunda vocación de servizo público, que será inspiración para as próximas xeracións.